Producións propias

A Cova das Letras

A Cova das Letras é unha compañía dezana que nace no 2014 con afán de espallar a cultura teatral e musical no rural.

Coñece as nosas producións

A Cova das Letras é unha compañía dezana que nace no 2014 con afán de espallar a cultura teatral e musical no rural. Comezan os traballos de investigación neste eido, onde se desenvolven obradoiros e espectáculos que xa van seguindo unha liña temática: a muller no rural e a revalorización da literatura oral galega.

O primerio espectáculo, O CIRCO DOS CONTOS (2014), é un contacontos baseado nos contos igualitarios que mestura danza e teatro. A partires de aí son diversas as montaxes dende teatro de rúa (TEATRO Á FEIRA, 2019) até comedia musical con banda (A GATA CON ZOCOS 2018), revisión do conto tradicional O GATO CON BOTAS, ou ANIMALIA (2019). A FOTÓGRAFA (2015), PROCÚRA-SE PEPA A LOBA (2018) MARIÑEIRAS (2016), MARÍA PITA (2019) ou A ALQUIMISTA (2020) son mostra da importancia da visibilización da muller no rural.

Actualmente somérxense no proxecto A FAMILIA BRAÑAS (2022), xunto co saxofonista Martiño Mato e Anxo García. Trátase dun musical terrorífico creado para realizarse con Banda de Música, coas composicións musicais de Manuel Paino.

Así mesmo, dada a formación musical das compoñentes da compañía, ofrecen concertos sensorias para bebés: SON NO BERCE (2019).

A COVA DAS LETRAS recibe o segundo premio á iniciativa empresarial da Deputación de Pontevedra.

Anxo García, titiriteiro, actor e atrezzista, Manuel Paino, trompetista, compositor e actor e Cristina Collazo, actriz, directora e trompista, forman o elenco orixinal da compañía, mais contan coa presencia de diversos profesionais para as diferentes montaxes.

Persoal técnico:

Fidel Váquez no deseño de luz, María Peinado na axudantía de dirección, Pilar Abades no deseño da fotografía e creación audiovisual, La canalla no vestiario, Luchy Iglesias para a escenografía.

Persoal artístico:

Fran Lareu, actor, Anxo García, actor, Sonia García, deseñadora e actora, Juan Manuel Frade, actor, Manuel Paino, trompetista, actor, compositor, Paloma Saavedra, actriz, Juan Collazo, percusionista, Bea Rodríguez, frautista, Javier Penide, clarinetista, Olalla Rodríguez, chelista, Martiño Mato, saxofonista.

 

Scroll ao inicio