Teatro infantil

Frida

Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partir de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor.

A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo coas cores da vida e, que á fin, coñeza aFRIDA KALHO.

Procúrase Pepa A Loba

PROCÚRA-SE PEPA A LOBA narra a historia que acontece nunha noite fría de inverno PEPA, guiada por un “pao máxico” que a leva dando tombos polo monte, atopa por fin a taberna que estaba buscando. Comeza a arranxala e poñela a punto para o desfrute das xentes.

Neste proceso danza, canta e narra ao público as súas aventuras e confésalles un pequeno segredo: o verdadeiro motivo da súa viaxe é un tesouro. A partires de entón PEPA e o público terán que afanarse para procuralo.

Son no Berce

Concerto didáctico-sensorial para bebés (0 a 3 anos).

A través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realizamos unha viaxe paseniña que percorre cada descuberta que fai o corpo curioso dun bebé. Dende os seus dediños que exploran a natureza, os seus primeiros pasos, que os leva o vento, a sorpresa da auga na súa cariña…até chegar as vogais e os fonemas que constrúen e dan vida á nosa lingua nai.

A Corva

A CORVA, COMPOÑEDORA DE CONTOS é un espectáculo de narración oral interactivo baseado na figura estradense da compoñedora de ósos Carmen Montoiro. “ Cada vez que che arranxa un xeonllo, bótache un conto” e así, cheo de contos e coplas da tradición oral galega esta contada vai facéndose co público até acadar ver “a cousa máis marabillosa do mundo”.

María Pita: Conversas dunha heroína

María Pita, reflicte a problemática dos nosos días: a desigualdade que aínda persiste entre homes e mulleres. Realízase un paralelismo escénico entre o século XVI e o XXI, onde unha heroína de guerra e unha árbitra de fútbol expoñen os obstáculos de vida e conversan co público.

Unha viaxe a través do tempo demostra que hai moitas máis Marías Pitas do que pensamos e cada unha nos contará a súa historia. O humor e ironía teñen o seu protagonismo, onde se conxugan os monicreques, a danza e a participación activa das asistentes.

A Alquimista

Concerto didáctico-sensorial para bebés (0 a 3 anos).

A través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realizamos unha viaxe paseniña que percorre cada descuberta que fai o corpo curioso dun bebé. Dende os seus dediños que exploran a natureza, os seus primeiros pasos, que os leva o vento, a sorpresa da auga na súa cariña…até chegar as vogais e os fonemas que constrúen e dan vida á nosa lingua nai.

Neste proceso danza, canta e narra ao público as súas aventuras e confésalles un pequeno segredo: o verdadeiro motivo da súa viaxe é un tesouro. A partires de entón PEPA e o público terán que afanarse para procuralo.

A Vendedora de fume

Queremos achegarnos á literatura do rural galego e portugués dende a súa forma tradicional, contos cantados de xeito acumulativo, os enganos e embustes, o marabilloso, o retablo dos títeres, romances representados no cartelón . E queremos facelo dende a óptica do debuxo animado, da comicidade e da sorpresa tanto no tratamento do texto como nas accións, movementos e obxectos. Obxectos que CHAFALLAS vai acumulando ata crear un auténtico GABINETE DE CURIOSIDADES, que é o seu retablo ás costas.

Scroll ao inicio